A HORTA DO NOSO CENTRO
Este curso, no Club de Ciencia, estamos a crear unha horta. Está a ser unha experiencia moi enriquecedora na que estamos a aprender a coidar, amar e respectar as prantas.
Desde Polos queremos pór o noso gran de area a esta actividade tan loable e, empregando a cortadora láser, fixemos un cartel para o caseto de ferramentas.
Deixamos unha imaxe do mesmo. Xulgade por vós mesmos, pero pensamos que quedou bastante ben!

Comentarios
Publicar un comentario