Entradas

O ENTROIDO

     Coincidindo co entroido decidimos que podiamos dar renda solta á nosa creatividade e fixemos un taller de máscaras nos primeiros recreos das semanas previas a esta festividade. Pasámolo ben e saíron máscaras do máis diverso.      Deixamos unha imaxe dun par de máscaras traballadas no mesmo. 

A HORTA DO NOSO CENTRO

Imagen
 Este curso, no Club de Ciencia, estamos a crear unha horta. Está a ser unha experiencia moi enriquecedora na que estamos a aprender a coidar, amar e respectar as prantas.  Desde Polos queremos pór o  noso gran de area a esta actividade tan loable e, empregando a cortadora láser, fixemos un cartel para o caseto de ferramentas.  Deixamos unha imaxe do mesmo. Xulgade por vós mesmos, pero pensamos que quedou bastante ben!  

O SAMAÍN EN POLOS CREATIVOS

Imagen
 Para festexar o entroido decidimos realizar un concurso de portas de medo, algúns dos nosos alumnos aproveitaron a efeméride para vir facer complementos con luces a Polos Creativos. Podedes ver algunha imaxe dos seus traballos. 

FACENDO ESTRELAS

Imagen
       Durante o primeiro trimestre empregamos a contadora láser e a impresora 3 D para realizar diferentes modelos de estrelas con mensaxes positivas para compartir cos nosos veciños das residencias  e centros de maiores da contorna. 

POLOS CREATIVOS CURSO 2024-2025

       Este curso tivemos cambio de coordinación en Polos Creativos e a coordinadora é Teresa Cotón que traballa xunto cun equipo de docentes e alumnado que colabora en diferentes tarefas.      En coordinación cos equipos de Bibliotecas Escolares e Dinamización Lingüística, intentaremos pór en marcha diferentes actividades no centro.       O espazo adicado a "Polos" é para que toda a comunidade educativa poida abrir unha fiestra á creatividade e, para iso, dispón de diferente material neste recuncho.      Este ano recibimos kist de electrónica, unha impresora 3 D nova, unha cortadora láser e  outros materiais para gravacións, tablets, etc.      Se tedes unha idea e queredes levala a termo, este é o voso espazo. ESPERÁMOSVOS!

Traballo coa cortadora láser

Imagen
 Nesta última semana tivemos en préstamo a cortadora láser do CFR Coruña. Despois de recibir unha rápida formación puxémonos mans á obra a crear.  Aproveitamos que rematamos o Club de Ciencia deste curso para facer uns agasallos para os participantes que nos quedaron estupendas.       Tamén fixemos algunhas placas identificativas para os despachos e algúns alumnos achegáronse nos recreos para facer pequenos identificadores co seu nome. 

Impresión 3D_Logos

Imagen
 Un dos proxectos que se puxo en marcha neste curso foi a identificación dos departamentos e aulas TIC con logos que se deseñaron para cada un dos departamentos do centro.  A inspiración para isto xorde do proxecto 100hex da compañeira María Loureiro (tecnoloxía.org). Os logos dos departamentos de Tic foron recopilados da colección que presenta neste espazo e os logos dos departamentos didácticos deseñáronse inspirándose neste proxecto e adaptando ou deseñando imaxes segundo o caso.  A continuación pódense ver algúns dos logos.